miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Dominica, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Dominica ratificou a convención o 4 de abril de 1995, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
O Parque Nacional de Morne Trois Pitons foi o primeiro lugar de Dominica incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 21ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Nápoles (Italia) en 1997. É o único sitio de Dominica declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación natural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Dominica Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01 Parque Nacional de Morne Trois Pitons200px| Saint George 1997 814; viii, x (natural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país