Marciano (en latín: Marcianus) foi un funcionario do século III activo baixo os emperadores Galieno (reinado 253–268) e Claudio II (reinado 268–270).

Traxectoria miniatura|Antoniniano representando a Galieno. Marciano aparece por primeira vez nunha inscrición de Filipópolis en Tracia, na que se eloxia por salva-la cidade, quizais dun ataque gótico. Nese momento, posiblemente era un protector e tribuno pretoriano (protector et tribunus praetorianorum), pero quizais tivese unha carreira militar previa cuxos detalles son descoñecidos. Como dux, derrotou aos godos en Acaia no 267 e no 268 derrotounos en Iliria coa axuda do futuro emperador Claudio (reinado 268–270). Sábese que Marciano tamén era un vir perfectissimus (título outorgado a persoas da orde ecuestre, a partir do reinado de Marco Aurelio).

Por esta época, Aureolo (reinado 268) rebelouse contra Galieno en Mediolanum en Italia. Galieno, que facía campaña contra os godos que atacaran os Balcáns, entregoulle o mando da campaña a Marciano e inmediatamente partiu cara a Italia co groso do seu exército de campaña. Na Historia Augusta, implícase a Marciano na conspiración que causou a morte de Galieno, pero a súa participación non aparece noutras fontes. Tamén tivo un papel na pacificación das tropas de Galieno mediante o suborno.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no século III Categoría:Personalidades da Roma antiga