Cleonice Seroa da Mota Berardinelli (en grafía antiga Cleonice Serôa da Motta Berardinelli) ComSE • GCSE • ComIH • GCIH, nada no Río de Xaneiro o 28 de agosto de 1916 e finada o 31 de xaneiro de 2023, foi unha profesora universitaria brasileira, especialista en literatura portuguesa.

Traxectoria Graduada en Letras Neolatinas pola Universidade de São Paulo (1938), foi profesora na Universidade Federal de Río de Janeiro (1959), cunha tese titulada Poesia e Poética de Fernando Pessoa.

Especialista en Camões e Fernando Pessoa, foi profesora emérita da Universidade Federal de Río de Janeiro e da Pontificia Universidade Católica de Río de Janeiro, investigadora 1-C do Consello Nacional de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, consultora ad hoc da Coordenação de Aperfeiçoamento de Pessoal de Nivel Superior (CAPES) e consultora ad hoc da Fundação Carlos Chagas Filho de Amparo á Pesquisa do Estado do Río de Janeiro.

Honras O 21 de setembro de 1966 foi nomeada comandante da Ordem do Infante D. Henrique, de Portugal. O 8 de xuño de 2016 foi elevado á Gran Cruz da mesma Orde.

Foi a correspondente académica brasileira da Academia das Ciências de Lisboa, Classe de Letras, desde o 27 de novembro de 1975. Académicos correspondentes brasileiros da Classe de Letras da Academia das Ciências de Lisboa

O 26 de novembro de 1987 foi nomeada comandante da Orde Militar de Sant'Iago da Espada, Portugal. O 21 de xullo de 2006 foi elevado á Gran Cruz da mesma Orde.

O 16 de decembro de 2009 foi elixida para ocupar a cadeira número 8 da Academia Brasileira de Letras.

Foi nomeada doutora honoris causa por diversas universidades.

Obras seleccionadas

Estudos camonianos. Río de Xaneiro, Nova Fronteira, ed. revista e ampliada, 2000 (edición orixinal: Rio de Xaneiro, MEC - Departamento de Assuntos Culturais, 1973, con prefacio de Maximiano de Carvalho e Silva). Obras em prosa: Fernando Pessoa. Organización, introdución e notas de Cleonice Berardinelli. Río de Xaneiro, Nova Aguilar, 1986. A passagem das horas de Álvaro de Campos. Edición crítica de Cleonice Berardinelli. Nota previa de Ivo Castro. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1988. Poemas de Álvaro de Campos. Edición crítica de Cleonice Berardinelli. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1990. Fernando Pessoa: outra vez te revejo... Río de Xaneiro, Lacerda, 2004. Fernando Pessoa: antologia poética, Editora Casa da Palavra, 2012.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Currículo no Sistema Lattes Entrevista de Edney Silvestre na TV Globo Electa para a Academia Brasileira das Letras

Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Profesores da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1916 Categoría:Centenarios Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades sen imaxes