Koneru Humpy ou Humpy KoneruEn moitas partes da India é común pór primeiro o apelido familiar, seguido do nome persoal. Así, "Koneru" é o apelido e "Humpy" é o seu nome persoal. Unhas veces o seu nome é escrito Koneru Humpy, segundo a tradición da cultura telugu, e outras, polas convencións occidentais, é escrito Humpy Koneru. nada en Vijayawada, Andhra Pradesh, o 31 de marzo de 1987, é unha xadrecista india. En 2002 converteuse na oitava muller en conseguir o título de Gran Mestra Feminina e a máis nova (15 anos, 1 mes e 27 días), co que superou o récord previo de Judit Polgár por tres meses. A chinesa Hou Yifan superou esa marca en 2008. En outubro de 2007 Humpy converteuse na segunda muller, após Polgár, en superar a barreira de 2600 puntos Elo, con 2606 puntos.

Traxectoria Humpy gañou tres medallas de ouro no Mundial Xuvenil de Xadrez: en 1997 (sub-10 feminino), 1998 (sub-12 feminino) e 2000 (sub-14 feminino). No Campionato Asiático Xuvenil de Xadrez de 1999 en Ahmedabad gañou na categoría sub-12, competindo cos mozos. En 2001 gañou o Mundial Júnior Feminino. Na edición do ano seguinte en Goa empatou con Zhao Xue no primeiro lugar, mais ficou segunda tralo desempate. Humpy competiu cos mozos no Mundial Júnior de 2004 en Kochi, o cal gañou Pentala Harikrishna. Empatou no quinto posto, mais acabou décima tralo reconto cunha puntuación de 8,5/13 puntos.

Humpy gañou o Campionato Femenino Británico en 2000 e en 2002. En 2003 gañou o 10º Campionato Individual Feminino de Asia e o Campionato Feminino da India. En 2005 gañou a Copa Urais Norte, un torneo feminino celebrado en Krasnoturiinsk (Rusia) que conta coas dez mellores xadrecistas a nivel mundial do momento.

En 2004 participou por primeira vez no Mundial Feminino. Desde entón, competiu en todas as edicións co formato de knockout ou de eliminación directa. Humpy chegou ás semifinais en 2004, 2008 e 2010.

En 2009 empatou no 1º posto con Alexander Areshchenko, Magesh Panchanathan e Evgenii Miroshnichenko na Mayor Cup de Mumbai. Finalmente, foi Areshchenko quen se fixo co triunfo.

En 2009 Humpy acusou a All India Chess Federation de prohibirlle participar na 37ª Olimpíada de Xadrez en Turín. Previamente denunciara acoso psicolóxico por parte do secretario da entidade. O seu pai e adestrador, Humpy Ashok, non foi autorizado para viaxar con ela aos torneos.

Humpy obtivo o segundo lugar no Grand Prix Feminino de 2010, polo que puido clasificarse para o Mundial Feminino de Xadrez de 2011 en Doha. Hou Yifan gañou o encontro, ao gañar tres xogos e facer cinco táboas. Humpy foi subcampioa nas series de Grand Prix Feminino tamén en 2011–2012, 2013–2014, 2015–2016 e 2019–2021.

Gañou o bronce individual no Mundial Feminino por equipos de 2015 en Chengdu. O equipo indio quedou cuarto na competición, a só un punto do chinés, que gañou a medalla de bronce.

En 2019 converteuse en campioa mundial feminina de xadrez rápido despois de dous anos sabáticos debido á súa maternidade.

Representou á India nas Olimpíadas de Xadrez de 2022 en Mahabalipuram.

Vida persoal Os seus pais, Koneru Ashok e Latha Ashok, chamárona nun principio «Hampi», nome derivado de champion («campioa»). O pai mudou máis adiante a ortografía a Humpy, para que tivese unha sonoridade máis próxima ao ruso.

En agosto de 2014 casou con Dasari Anvesh. Na actualidade traballa en ONGC Ltd., a empresa pública india de petróleo e gas natural. miniatura|O Presidente Abdul Kalam entrégalle o premio Padma Shri a Koneru Humpy na Cerimonia de Investidura no pazo presidencial Rashtrapati Bhavan (Nova Deli) o 23 de marzo de 2007

Deu a luz unha nena, Ahana, en 2017.

Premios e recoñecementos dereita|miniatura|En Wijk aan Zee en 2006

1999: a Mestra Internacional Feminina máis nova de Asia 2001: a Gran Mestra Feminina máis nova da India 2003: Premio Arjuna ao mérito deportivo do Goberno da India 2007: Premio Padma Shri, recoñecemento civil outorgado polo Goberno da India 2019: Grand Prix Feminino de Skolkovo 2019: Grand Prix Feminino de Mónaco 2019: Mundial Feminino de Xadrez Rápido 2020: Copa Cairns 2020: Ouro na Olimpíada Online de Xadrez 2021: Premio da BBC á Deportista Feminina India do ano, por votación pública 2021: Bronce na Olimpíada Online de Xadrez 2022: Bronce na 44ª Olimpíada de Xadrez 2022: Copa Gaprindashvili por equipos da 44ª Olimpíada de Xadrez

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Humpy Koneru chess games at 365Chess.com Entrevista con GM Humpy Humpy de LastChess.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xadrecistas da India Categoría:Grandes Mestres de xadrez