Ricardo Picouto Fernández, nado cara a 1874 e finado en Ourense o 19 de xaneiro de 1935, foi un industrial e agrarista galego.

Traxectoria Foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia e membro da mesa da II Asemblea Agraria de Galicia. Tamén foi secretario do Congreso Agrícola de Ourense celebrado o 8 de setembro de 1910.La Región, 2-9-1910, p. 1. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado suplente corporativo da Deputación de Ourense en xuño de 1926.La Región, 13-6-1926, p. 6. Tamén foi inventor, patentando unha "Elevadora e Arrastradora" e unha "Azufradora de Mochila".La Región, 7-4-1926, p. 1.

Finou en Ourense o 19 de xaneiro de 1935 aos 60 anos.La Región, 20-1-1935, p. 2, 5.

Vida persoal Casou en Ourense con Gregoria García Blanco en 1916,La Región, 21-5-1916, p. 2. e foi pai de Ricardo, María Teresa, Carlos, Luz e Vicente Picouto García.

Notas

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1935