EgyptSat A ou MisrSat A foi un satélite artificial exipcio lanzado o 21 de febreiro de 2019 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.
Características EgyptSat A, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a rusa RKK Energia, foi un satélite exipcio de observación da Terra consistente nunha versión mellorada do EgyptSat 2. O satélite estaba baseado no bus 559GK e levaba a bordo unha cámara mellorada capaz de sacar imaxes en modo multiespectral, cunha resolución de 1 m, e pancromático, cunha resolución de 4 m. O satélite usaba motores iónicos SPD-70 alimentados por xenon. Durante o lanzamento a terceira etapa do foguete Soiuz 2-1b Fregat apagouse prematuramente, fallo compensado pola etapa Fregat-M, deixando ao satélite na súa órbita final.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U EgyptSat 1 EgyptSat 2
Categoría:Satélites artificiais