Michelozzo di Bartolomeo Michelozzi, nado en 1396 e finado o 7 de outubro de 1472, foi un arquitecto e escultor italiano. Considerado un dos pioneiros grandes de arquitectura durante o Renacemento, Michelozzo foi un artista que estivo baixo o mecenado da familia Medici e traballou, sobre todo, para Cosme de Medici. Nos primeiros anos, de novo, foi discípulo de Lorenzo Ghiberti e, posteriormente, colaborou con Donatello.
Elixido para a construción do Palazzo Medici Riccardi en Florencia, a miúdo, quedou nun segundo plano fronte a contemporáneos seus como Donatello en escultura e Brunelleschi en arquitectura.
Traxectoria
Formación e vida temperá Michelozzo era o fillo de Antonia e de Bartolomeo di Gherardo, chamado Borgognone por ser de orixe francesaLightbown 1980, p. 12 que chegara a Florencia desde Borgoña nunha data descoñecida.Caplow 1977, pp. 537-538Heydenreich 1974, p. 25 Borgognone traballou no barrio da Santa Croce de Florencia como xastre, e converteuse en cidadán florentino o 9 de abril de 1376. Tivo que ser unha persoa relevante pois para conseguir-la cidadanía, precisábase mercar propiedades por máis de 1.000 florins, unha cantidade moi elevada. Tivo tres irmáns chamados Leonardo (nado en 1389/90), Zanobi (nado no 1391), e Giovanni (nado no 1403). Por 1391, a familia de Michelozzo moveuse ao barrio de San Giovanni, onde viviron o resto da súa vida.
Pouco se sabe da infancia de Michelozzo, a parte de que recibiu unha educación integral en lectura, escritura e aritmética, e que comezou a traballar como gravador para a ceca florentina, onde é citado por vez primeira 28 de maio de 1410 e onde permaneceu até 1448. Como gravador, Michelozzo aprendeu a fundir, a facer o dourado do cobre e bronce, dous dos metais nos que máis comunmente traballaba o ourive medieval e renacentista. Tamén gañou unha inmensa precisión da man e un dominio do deseño escultórico en miniatura e, en 1427, cando xa levaba dous anos de asociación con Donatello, seguía denominándose, ourive.
A principios da década de 1420, Michelozzo pasou a ser membro da Arte di Maestri di Pietra e Legname, un dos gremios de Florencia que representaba aos mestres canteiros, talladores de madeira e escultores. Máis tarde serviu como un dos cónsules do Gremio en 1430.
Durante toda a súa vida, Michelozzo conservou a residencia familiar na Via Larga, que estaba preto do Palacio Medici e ao lado do humanista Bartolomeo Scala. Ademais, Michelozzo posuía unha casa e un xardín en S. Domino a Brozzi. O pai de Michelozzo morreu nalgún momento antes de 1427, e a súa nai finou entre 1433 e 1442.
Aprendizaxe A partir de 1420, Michelozzo estudou con Lorenzo Ghiberti. Os primeiros proxectos de Michelozzo con Ghiberti foron a Porta Norte do Baptisterio entre os anos 1417 e 1423/4, na que as responsabilidades de Michelozzo "só podían estar no dourado dos paneis, posiblemente na fundición dos catro relevos tardíos... e no marco....A maior parte do seu traballo sobre as portas está mergullado, como o dos demais asistentes, na forza do deseño e da personalidade de Ghiberti".
A partir diso, Michelozzo aprendeu a dirixir unha tenda estreitamente supervisada, a organizala de forma eficiente, a formar e controlar aos asistentes e a manexar astutamente os asuntos comerciais e financeiros. "Estivo exposto ao uso de motivos antigos por parte de Ghiberti, absorbeu a habilidade de Ghiberti para xustapoñer elementos antigos e góticos e, sen dúbida, foi influenciado polo estilo e os conceptos artísticos de Ghiberti". Mentres traballaba baixo Ghiberti, Michelozzo creou a estatua do mozo San Xoán sobre a porta do Duomo de Florencia, fronte ao Baptisterio, xunto coa estatua de prata de Xoán Bautista no altar-frontal de San Giovanni.
Baixo Donatello, con quen traballou até 1433, Michelozzo axudou na construción da sancristía de Santa Trinita, onde "Ghiberti comezara a fusionar as formas do gótico tardío e as antigas". Tanto Donatello como Michelozzo comezaron como escultores cunha dedicación intransixente á antigüidade, e isto quedou patente cando Donatello pediu a axuda de Michelozzo para a decoración do tabernáculo de San Luís de Toulouse. Michelozzo tamén se converteu no socio responsable dos marcos arquitectónicos das esculturas de Donatello como o monumento funerario do antipapa Xoán XXIII. En 1428, xunto con Donatello, Michelozzo erixiu un púlpito ao aire libre nun ángulo da Catedral de Santo Estevo en Prato, deseñado para a exposición pública da súa famosa reliquia, o Cinto de Tomé (Sacra Cintola). Aínda que Donatello é o máis coñecido dos dous,
Mecenado e influencias
Cosme de Medici miniatura|250x250px|A fachada de Palazzo Medici en Florencia Tras abandonar o taller de Donatello en 1433, estudou arquitectura con Brunelleschi, quen o presentou a Cosme de Médicis (coñecido como o Vello) e que se converterá no seu mecenas. Poucos historiadores discutiron a estreita relación de Cosme con Michelozzo, que foi o arquitecto da familia Medici durante case corenta anos. "Michelozzo era máis agradable e accesible aos consellos e desexos de Cosme que o turbulento Brunelleschi, e estaba disposto a seguir os fortes gustos persoais do seu patrón". A súa relación foi mellor descrita por Angelo Fabroni en 1789, quen dixo: "Cosme quería moito a Michelozzo e confiaba nel, non só polos seus talentos naturais (non consideraba a ninguén, nin sequera Brunelleschi, superior nos xuízos arquitectónicos), senón tamén porque das súas boas calidades e digno carácter".Fabroni (1789), p. 154.
Michelozzo tivo unha estreita relación con Cosme de Medici ao longo da súa vida e, segundo Giorgio Vasari en Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, foi motivado polo seu grande amor e fidelidade a Cosme que o acompañou ao exilio a Venecia entre 1433 e 1434. Os historiadores citaron isto como un exemplo incomparable de estima entre artista e mecenas. Vasari tamén afirmou que Michelozzo construíu a biblioteca do mosteiro de San Giorgio en 1434 para Cosme, aínda que esta afirmación contradí a descrición e os documentos orixinais da biblioteca, que indican que aínda que a construción da biblioteca fora iniciada por Cosme, a maior parte da súa construción realizouse baixo a dirección do director da Banca Medici, Giovanni d'Orino Lanfredini, entre 1467 e 1478,, polo tanto, moito tempo despois da saída de Michelozzo a Venecia.
O gran Palazzo Medici en Florencia, construído por Cosme, foi deseñado por el e se converteu nun dos exemplares máis nobres da arquitectura italiana do século XV, no que o gran gusto e habilidade do arquitecto combinou a delicada lixeireza do gótico italiano anterior coa enorme maxestade do estilo clásico. Con grande habilidade en enxeñaría, Michelozzo apuntou, e reconstruíu en parte, o Palazzo Vecchio, entón en estado ruinoso, e engadiulle moitas salas e escaleiras importantes. Cando, en 1437, grazas á liberalidade de Cosme, o mosteiro de San Marcos en Florencia foi entregado aos dominicos de Fiesole, Michelozzo foi empregado para reconstruír a parte doméstica e para remodela-la igrexa.
Tamén realizou moitos outros edificios para Cosme, a maioría de notable importancia. Entre estes estaban unha casa de hóspedes en Xerusalén para o uso dos peregrinos florentinos, a vila de verán de Cosme en Careggi e o castello fortificado que reconstruíu a partir de 1452 como a Vila Medicea di Cafaggiolo en Mugello. Para Giovanni de Medici, o fillo de Cosme, tamén construíu unha vila moi grande en Fiesole. Entre 1445 e 1451, tamén ampliou Vila San Girolamo, xunto a Vila Medici por orde de Cosme.
Filippo Brunelleschi Segundo Ludwig Heydenreich, a arquitectura de Michelozzo contrasta con Brunelleschi na súa adhesión máis estreita á "tradición gótica inmediatamente anterior, ao clasicismo gótico que aparece na Loggia dei Lanzi ou no mosteiro de S. Mateo". Tamén indica que tódolos edificios de Michelozzo son "obras de considerable altura... o arquitecto máis independente despois de Brunelleschi".
Vida persoal Michelozzo casou con Francesca, filla de Piero di Ambrogio Galligari, a finais de xaneiro ou febreiro de 1441. No momento do seu matrimonio, ela tiña 20 anos, e el 45. O dote de Francesca foi de 425 floríns, que se pode considerar media para unha familia de bastante relevancia da época. O tamaño do dote, indica un aumento considerable na posición social de Michelozzo.Martines, 2011
En 1441, Michelozzo lanzou unha queixa legal para apartarse da responsabilidade das débedas dos seus dous irmáns máis vellos. Andrea di Benozo, representante de Giovanni, Zanobi e Michelozzo, elixiron árbitros para valora-las queixas. Despois de estudar documentos e probas durante seis semanas, os árbitros comprobaron que os dous irmáns eran os causantes da maior parte das débedas de Michelozzo, e foron obrigados a renunciar á súa herdanza en compensación parcial das cantidades que debían.
Nenos Do matrimonio de Michelozzo con Francesca resultaron catro nenos e tres nenas, dos cales cinco sobreviviron ao seu pai. Bartolomeo, que chegou a ser escultor, naceu en 1442; Piero en 1443; Antonia en 1445; Niccolo en 1447; Marietta en 1453; Bernardo en 1455; e Lisabetta en 1459. Dous dos seus fillos, Niccolò e Bernardo, foron educados parcialmente polos Medici e quizais viviron no Palazzo Medici durante a súa mocidade. Máis tarde acadaron éxito nos máis altos círculos humanísticos de Florencia. Bernardo converteuse nun membro da casa de Lourenzo il Magnifico como titor de Piero de Medici. En 1500, foi nomeado cóengo florentino e foi empregado por Giovanni de Medici, primeiro como o seu chambelán e despois como o seu secretario.
Como Bernardo, Niccolò estudou con Ficino dende pequeno e participou na Academia Platónica, onde estableceu amizade con outros humanistas florentinos que compartían o seu amor pola antigüidade. Destacou na literatura e na filosofía, e máis tarde chegou a ser secretario de Piero di Cosme continuou no cargo de Piero di Lorenzo. En 1469, Niccolò comezou a súa carreira política como notario na Chanceleria florentina, e a miúdo foi enviado a importantes misións como embaixador da República Florentina entre 1489 e 1494. Trala caída dos Medici, foi encarcerado por un breve tempo, limpando o seu nome en 1496 e converténdose no conselleiro da Arte dei Giucidi e Notai e despois sucedeu a Niccolò Maquiavelli como segundo chanceler da República en 1513.
Traballos
Palazzo Medici miniatura|O patio de Palazzo Medici Riccardi Cando Cosme comezou a construír o Palazzo Medici en 1444, pasou por riba de Brunelleschi e escolleu como arquitecto a Michelozzo. Do mesmo xeito que o exterior do Palazzo Comunale de Montefiascone, o do Palazzo Medici segue a tradición do palacio baixomedieval toscano, pero sen os símbolos máis rechamantes do poder cívico, que serían incompatibles co papel de Cosme como primus inter pares e pater patriae. O exterior do palacio non está articulado polas ordes vitruvianas e os seus grandes arcos da planta baixa non están aliñados coas ventás dos pisos superiores. En cambio, Michelozzo incidiu no contraste entre as texturas superficiais, como o contraste entre "a rústica natural da planta baixa, as caras planas dos perpiaños do piano nobile e a mampostería lisa do piso superior". O exterior tamén se diferencia do palacio de Montepulciano polo seu tamaño, o seu carácter máis urbano e a súa enorme cornixa clasicista. "Na súa sucesión de dentillas, ovos e dardos e consolas, Michelozzo seguiu directamente o Templo de Serapis en Roma".Frommel (2007), p. 29.
A influencia de Brunelleschi en Michelozzo é evidente no deseño do palacio, especialmente nas fiestras bíforas baixomedievais, a simetría e o dominio do eixe de entrada e a combinación de elementos tradicionais e modernos. Os soportais e o entaboamento do patio do palacio tamén seguen o modelo da loggia do Spedale degli Innocenti que é, sintomaticamente, o edificio máis antigo e menos vitruviano de Brunelleschi.