Akyns, aqyns ou aqins (en kazako: акын, pronunciado [ɑˈqən]; en kirguiz: akyn, pronunciado [ɑˈqɯn]; en ambos os casos transcritos como aqın ou اقون ) foron poetas e cantantes da cultura kazaka e kirguiz. A diferenza dos zhirau ou manaschi, estes non interpretaban cancións nin contaban historias épicas.
No aytysh, os aqins improvisaban un tipo de canción recitada, normalmente acompañada do uso da dombra (no caso dos kazakos) ou dun kopuz (no caso dos kirguisos). No contexto da vida nómade e analfabeta que vivía unha gran parte da poboación rural de Asia Central antes da era soviética, os aqins xogaron un papel moi importante na expresión dos sentimentos e ideas da xente, no relato da realidade social e tamén na gloria dos heroes. Durante a era soviética, o seu repertorio incluía cancións encomiando a Lenin.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Nurmakhan, Zhanash: Kazaktyn 5000 Akyn-zhyrauy . Almaty 2008. (en kazako)
Categoría:Cultura de Kazakhstán Categoría:Poetas Categoría:Cultura de Kirguizistán