A dombra en Uzbekistán e Tadjiikistán, dambura ou danbura en Afganistán, Tadjiikistán e Uzbekistán e dumbira en lingua baxkir e tártaro é un tipo de laúde de pescozo longo en forma de pera popular nas nacións de Asia Central e moi utilizado tamén en Kazakhstán e Kirguizistán. Ten dúas cordas, feitas tradicionalmente con tendón animal, aínda que as modernas son de nailon. Ten catorce trastes no seu diapasón.
Patrimonio inmaterial esquerda|miniatura|Dombra mongol, tamén de dúas cordas, pero con tipoloxía e xeito de tocar, con arco, diferentes. A actuación en solitario (kuy) da dombra kasaca foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO o 26 de novembro de 2014.
Na cultura popular esquerda|miniatura|Arslanbek Sultanbekov tocando dombra. Este instrumento pasou a formar parte dun fenómeno de Internet despois de que un videoclip de SuperStar KZ, fose publicado en YouTube. O vídeo inclúe dous concursantes cantando e un terceiro cantando e tocando a dombra (Ernar Kaldynov). O nome da canción orixinal é Freestailo de R.Lizer, un home kasaco.
Dombra como instrumento estase a popularizar a través de Dombyra Parties, un movemento de mocidade de flash mob organizado a través das redes sociais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Instrumentos de corda pulsada Categoría:Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade