Elas, levarónnos ao espazo é un libro ilustrado de Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández, con deseños de MeliMolita, que dá a coñecer as biografías de doce mulleres enxeñeiras ou científicas. O volume, publicado en 2022, ten a súa orixe na exposición As mulleres que nos levaron á Lúa, organizada pola Universidade de Vigo.

Recentemente, publicaronse unha serie de pílulas divulgativas que, a través de vídeos de animación de entre dous e tres minutos, contan a historia dalgunhas destas mulleres relevantes na exploración espacial.

Obxectivo

Tanto a exposición coma o libro naceron co fin de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino. Entre as mulleres biografadas están as que contribuíron a facer posible a misión Apollo 11 e galegas como Begoña Vila, astrofísica da NASA e supervisora de instrumentos do telescopio espacial James Webb.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Elas, levarónnos ao espazo no blog Mujeres con ciencia Ligazón para descargar o libro Presentación do Libro

Categoría:Obras feministas escritas

Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras literarias de 2022 Categoría:Obras literarias en galego