Tripura é un dos vinte e nove estados que, xunto cos sete territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital é Agartala.

Atópase no nordeste do país, limitando polo nordeste con Assam e Mizoram, e polo resto con Bangladés. É o terceiro estado máis pequeno, cunha área de 10,491 km2, e con 3,67 millóns de habitantes no 2011 é o sétimo en poboación.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Subdivisións da India