O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada. É falada nas rexións de Los Lagos e de Los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur. O huilliche está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O huilliche componse de dúas variedades, chamadas huillichesungun e tsesungun polos seus falantes. O huillichesungun é falada en Wequetrumao, na illa de Chiloé, e o tsesungun é falada en Choroy Traiguen, na costa da provincia de Osorno. O huilliche está estreitamente relacionado co mapuche, a lingua do pobo homónimo, aínda que se precisan máis investigacións para determinar o grao de intelixibilidade mutua entre ambos. miniatura|Mapa que amosa os pobos indíxenas de Chile; os huilliches atópanse no medio do país.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castelán chilote

Categoría:Linguas araucanas Categoría:Lingua mapuche Categoría:Linguas de Chile Categoría:Pobo huilliche