De correctione rusticorum ("Sobre a corrección dos rústicos", tamén coñecido como Pro castigatione rusticorum ('para o castigo dos rústicos') é un sermón catequético elaborado por Martiño de Dumio, para a instrución do clero cristián do reino suevo de Gallaecia.

Características O texto, escrito como unha carta ao bispo Polemio de Astorga, é na realidade un sermón preparado para a lectura pública. Constitúe un manual práctico para asistir o clero cristián na súa labor evanxelizadora. A previsión, no Segundo Concilio de Braga, dun documento destas características serve para datar o escrito, considerándose que debeu ser elaborado pouco despois da asemblea de bispos galaicos, que tivo lugar no ano 572, en tempos do rei Miro.

O correctione fai unha listaxe das principais prácticas idólatras presentes na época, e explica como estas se orixinaron. O escrito permite coñecer parte das crenzas e ideas relixiosas dos habitantes da Galicia do século VI. Estes, segundo Martiño:De correctione rusticorum.Tradución de X. E. López Pereira (Universidade da Coruña).

Rendían culto ás avelaíñas e aos ratos. Facían agoiros observando o voo das aves e os espirros.Agoiros simiñares ós que xa recollen nos textos clásicos da mitoloxía grega, como por exemplo na Ilíada. Acendían cirios na noite cabo de pedras, árbores, fontes e nas encrucilladas. Ofrendaban aos deuses deitando gran e viño sobre os troncos no lume, e pan e viño nas fontes.Costume que se segue a celebrar no Santuario de Santo André de Teixido: ó facer a súplica ó santo bótase un anaco de pan na fonte. Se aboia significa que o santo atendería a súplica, pero se afundía non había esperanza. As mulleres invocaban á deusa Minerva mentres traballaban nos teares. Encantaban con formulas máxicas a herba e as colleitas, etc.

Tamén celebraban as vulcanais (festas na honra de Vulcano) e seguían o calendario romano, que asignaba aos días da semana os nomes dos seus principais deuses (Marte, Mercurio, Xúpiter, etc). Para Martiño, os días debían pasar a contarse por feiras, conforme a liturxia cristíá, tal e como aínda se fai en Portugal e, até hai pouco, na propia Galiza.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Madoz, José: "Una nueva recensión del 'De Correctione rusticorum', de Martín de Braga (Ms. Sant Cugat, nº 22), en Revista.Comillas.edu, nº 74, 1945, 335-353. Pedret Casado, Paulino: "Traducción galega da obra de San Martiño de Braga 'De Correctione Rusticorum'", en Nós 97, 15.01.1932, 4-12.

Outros artigos Martiño de Dumio. Como levar unha vida honesta. Ligazóns externas Texto do documento en latín. Tradución en lingua inglesa.

Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Século VI en Galicia Categoría:Reino Suevo Categoría:Libros do século VI