O tesouro de Overton é un tesouro composto por 37 moedas romanas de prata dos séculos I a III d. C., descuberto en 2016 en Overton, Yorkshire Norte, Inglaterra.

Descuberta e escavación O tesouro foi achado por un detector de metais o 24 de setembro de 2016, nunha leira próxima a Overton, en Yorkshire Norte,Moss, R. (2017). "Roman coins found near Overton declared treasure". En BBC News. 27 de abril. e a súa aparición foille comunicada, como é preceptivo, ao Portable Antiquities Scheme.Tilley, E. "The Overton Hoard: A Severan Hoard from North Yorkshire". York Museums Trust.

Contido

O tesouro contén 37 moedas de prata, todas elas denarios, que foron emitidas entre o reinado de Domiciano como emperador menor do seu pai Vespasiano (69 - 79 d. C.) e o reinado de Septimio Severo (198 - 209 d. C.). Foron emitidas a nome de 17 autoridades diferentes e a máis recente data de 205 d. C."Coin hoard. Unique ID: YORYM-BE3F22 ". Portable Antiquities Scheme.

Malia a gran variedade de datas, todas as moedas poderían ter estado en circulación a principios do século III.

É probable que as moedas fosen depositadas nun recipiente de cerámica, do que só se acharon algúns fragmentos.

Conservación miniatura|O Tesouro de Overton no Museo de Yorkshire. Logo de ser declarado formalmente como "tesouro", ao cumprir os requisitos necesarios para iso consonte a Lei do Tesouro de 1996,"The Treasure Act 1996 ". Department for Culture, Media and Sport. o achado foi adquirido polo Museo de Yorkshire a principios de 2018 e expúxose ao público por primeira vez en outubro dese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. Páxinas 56-59. ISBN 9781907427794

Outros artigos

Tesouro

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos