Como levar unha vida honesta ou, orixinalmente, Formula vitae honestae é un breve tratado, escrito cara ao ano 570, polo bispo Martiño de Dumio para a educación de Miro, rei de Galiza,
Características No texto, o bispo Martiño instrúe o rei mozo nas catro virtudes dun bo gobernante: a prudencia, a fortaleza, a temperanza e a xustiza. Collendo coma referencia textos de autores clásicos a obra converteuse nun recurso imprescindible na formación dos príncipes europeos da Idade Media. Consérvanse case setecentas copias latinas repartidas por todo o continente.Libellus Martini episcopi ad Mironem regem gallitiensem de quatuor virtutibus id est prudentia, fortitudine, temperantia, iustitia.
En 2023 o Consello da Cultura Galega publicou a tradución á lingua galega. miniatura|Unha das moitas copias, datada no ano 1544.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Martiño de Dumio. De Correctione Rusticorum.
Ligazóns externas
Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia. - Consello da Cultura Galega (03/2023).
Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Século VI en Galicia Categoría:Obras traducidas do latín ao galego