O tesouro de Binnington Carr é un tesouro de moedas romanas de prata que data de finais do século I d. C., composto por 12 denarios de prata e unha campá de aliaxe de cobre."Monument Number 64828". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
Achado O tesouro apareceu no transcurso duns traballos agrícolas nunha leira en Binnington, preto de Willerby, Yorkshire Norte, cara ao ano 1876.
Contido
A ducia de moedas de prata que compoñen o tesouro son denarios romanos, un de Xulio César (49 - 44 a. C.), un de Nerón (54 - 68 d. C.), tres de Vitelio (68 d.C.) e sete de Vespasiano (69 - 79 d. C.).Eckardt, H.; Williams, S. (2018). "The Sound of Magic? Bells in Roman Britain". En Britannia. 49: 179-210.
As moedas apareceron aloxadas no interior dunha campá de aliaxe de cobre."Binnington Carr Hoard: bell". York Museums Trust. Á campá faltáballe o badalo, e só quedaban restos do que fora unha grampa de fierro para a pendurar.
Conservación O achado chegou a mans de George Edson cara a 1881, e logo foi adquirido polo cóengo J. R. Raine na venda levada a cabo por George Edson, en 1891.
Posteriormente tanto as moedas como a campá pasaron ao Museo de Yorkshire, en York, de cuxa colección permanente forman parte."Binnington Carr Hoard: denarius". York Museums Trust.
En 2014, o tesouro incluíuse nunha exposición en liña de Google Arts & Culture titulada Yorkshire Hoards."Yorkshire Hoards". Google Arts & Culture."Binnington Barr hoard bell". Google Arts & Culture."Binnington Barr hoard denarius". Google Arts & Culture.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos