Os tronantes, nubeiros ou negrumantes son seres da mitoloxía galega que teñen a capacidade de controlar o clima e concretamente os tronos. Para poder subir ó ceo e prvocar os tronos mexan sobre a terra e suben polo remuíño de aire que se forma, ó que chaman polvoriñas.Eladio Rodríguez, s. v. polvoriña.

Estes remuíños de aire e po tamén poden xurdir de súpeto e desaparecer ó pouco, tras romper cristais, tirar tellas e cousas e causar doenzas (catarros, reumas, lumbagos e mesmo doenzas mortás).Lémbrese o nome da malaria, de mala aria.

Tronantes coñecidos Facundo é un tronante do que se fala na comarca de Chantada. Cando empeza a tronar di a xente: "Xa esta aquí Facundo, que anda coas zocas polo mundo".Cuba, Miranda e Reigosa, s. v. Facundo.

Tío Bernardo, tamén chamado "O Tronador", era tronante da comarca de Melón e cobraba tódolos anos media ola de viño a cada veciño por retirarlle os tronos que esnaquizan as colleitas.Cuba, Miranda e Reigosa, s. v. Tío Bernardo.

Tío Roque é un tronante da comarca de Rairiz de Veiga, que anda nun carro polas nubes, co que causa o ruído dos tronos.Cuba, Miranda e Reigosa, s. v. Tío Roque.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Nubeiro

Categoría:Mitoloxía galega