José Manuel Rodríguez Lamas é un político galego que foi alcalde de Cenlle durante dous anos.
Traxectoria Rodríguez Lamas afiliouse ao PPdeG na década de 1980. Concorreu de número 4 nas listas do PPdeG á alcaldía de Cenlle nas municipais de 2015, e catro anos despois nas de 2019. Foi elixido concelleiro. Meses despois, en marzo de 2020, o alcalde Gabriel Alén marchaba ao posto de delegado da Xunta na provincia de Ourense, e iso facía que Rodríguez Lamas pasase a ser alcalde.
En outubro de 2022 dimitiu da alcaldía aducindo problemas persoais. Meses despois, en marzo de 2023, abandonou o PP e seguiu como concelleiro independente durante os meses que faltaban ata a convocatoria electoral.
Notas
Categoría:Alcaldes de Cenlle Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes