Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones. José Miñones Trillo, nado en Vimianzo o 25 de xuño de 1939, é un farmacéutico, profesor universitario e político galego.
Traxectoria
Premio Extraordinario de Doutoramento, bolseiro da Fundación Barrié, da Fundación March, da Embaixada de Francia e do Goberno Francés para estadíias de investigación no Instituto Pasteur e na Universidade de París VI. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, decano da Facultade de Farmacia e director da Escola de Óptica. É Académico numerario da Real Academia Nacional de Farmacia, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi presidente da CIUG de 1994 a 1999.Recuerdos de mi juventud en Vimianzo
Foi concelleiro de Santiago de Compostela e nas eleccións autonómicas de 1985 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia por Coalición Popular. Nas eleccións xerais de 2000 foi candidato ao Senado por Democracia Galega.La Voz de Galicia, Bergantiños-Soneira-Fisterra, 9-3-2000, p. 47.
Recoñecementos
Placa da Asociación de Farmacéuticos Ópticos. Insignia de ouro da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago.
Vida persoal
Casou con María Mercedes Conde Mouzo. É pai de José Miñones. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na Academia de Farmacia de Galicia
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Vimianzo
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Políticos de Coalición Popular Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia