Sonia Shainwald Orbuch, nada como Sarah Shainwald o 24 de maio de 1925 e finada o 30 de setembro de 2018, foi unha educadora estadounidense sobre o Holocausto. Durante a segunda guerra mundial, foi unha loitadora de resistencia xudía en Polonia oriental.

Orbuch escondeuse nos bosques de Polonia coa súa familia durante a segunda guerra mundial. Uniuse a un grupo de partisanos soviéticos, sendo rebautizada como Sonia en caso de ser capturada, e loitou contra os alemáns. Despois da guerra, regresou en casa, onde coñeceu o seu marido futuro. Despois de ter unha filla nun campamento de refuxiados en Alemaña, a familia finalmente emigrou aos Estados Unidos.

Dedicou o resto da vida a educar sobre o Holocausto e narrar as súas experiencias, e en 2009, publicou a súa autobiografía, Here, There Are No Sarahs: A Woman's Courageous Fight Against the Nazis and Her Bittersweet Fulfillment of the American Dream.

Traxectoria Sarah Shainwald naceu o 24 de maio de 1925 e medrou en Luboml, daquela parte de Polonia mais que no presente pertence a Ucraína, unha vila a 320 km de Varsovia, Polonia, e que tiña unha poboación maioritariamente xudía.

Segunda guerra mundial A segunda guerra mundial estalou en 1939 cando ela tiña 14 anos. O Pacto Molotov-Ribbentrop dividiu Polonia entre Alemaña e a Unión Soviética e a súa cidade natal quedou baixo control soviético. Dous anos despois, a Operación Barbarossa obrigou aos xudeus de Luboml a entrar nun gueto xudeu. Oito mil xudeus víronse afectados, o que provocou unha loita por defenderse, escapar ou esconderse. Incapaz de unirse ao grupo partisano do seu irmán debido ao seu xénero, Sarah agochouse no bosque cos seus pais e tío durante o inverno de 1942 a 1943, manténdose en movemento e permanecendo con fame, frío e piollos.

En recompensa polo coñecemento da zona que tiña o seu tío, os partisanos soviéticos aceptáronos e cambiaron o nome de Sarah a Sonia para que soase máis ruso. Viviron nun campamento forestal e uníronse aos partisanos en actos de sabotaxe e resistencia; foi recrutada polo Exército Vermello en 1944. Durante un dos períodos de ocultación da familia, a súa nai morreu de tifo. Prestaba asistencia aos feridos, malia non ter formación médica previa.

Posguerra En maio de 1945 e ao final da guerra, regresou a Luboml e traballou nunha oficina de correos. Ese mesmo ano casou co exoficial de cabalaría polaco Isaak Orbuch.Sonia Orbuch obituary. The Times, 31 de outubro de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2018. a quen coñeceu en Chelm xusto despois da guerra. Só 50 dos 8.000 habitantes orixinais da súa vila, que na súa maioría eran xudeus, sobreviviron. Despois de mudarse a un campo de refuxiados en Zeilsheim preto de Frankfurt, Alemaña, onde deu a luz á súa filla, a familia trasladouse a Nova York en febreiro de 1949, onde Orbuch deu a luz ao seu fillo Paul. Posteriormente trasladouse ao norte de California coa súa familia.

Ela relatou as súas experiencias en faladoiros públicasSonia Orbuch, Bay Area woman who fought Nazis as a girl, dies at 93. Carl Nolte, San Francisco Chronicle, 9 de outubro de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2018. e en 2009, publicou a súa autobbiografía Here, There Are No Sarahs: A Woman's Courageous Fight Against the Nazis and Her Bittersweet Fulfillment of the American Dream que foi coescrita con Fred Rosenbaum.

Antes de morrer, Orbuch reflexionou sobre o alcance da resistencia xudía: "Era posible que todo o mundo loitased e fose ao bosque e sobrevivise, non, non era. O meu irmán non sobreviviu, o meu tío non sobreviviu", pero con todo ela sentiu que "cada persoa no gueto loitaba á súa maneira".

Orbuch morreu o 30 de setembro de 2018. Recibiu obituarios en todo o mundo, incluídos dos Estados Unidos, Asia e Europa.

Publicacións Here, There Are No Sarahs: A Woman's Courageous Fight Against the Nazis and Her Bittersweet Fulfillment of the American Dream. Gatekeeper Press, Columbus, 2009. (con Fred Rosenbaum)

Notas

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Partisanos xudeus