A lingua kawaiisuMaurice L. Zigmond, Curtis G. Booth, & Pamela Munro. 1991. Kawaiisu, A Grammar and Dictionary with Texts. Ed. Pamela Munro. University of California Publications in Linguistics Volume 119. Berkeley, California: University of California Press. é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo kawaiisu de California. Segundo datos de 2005 tiña 5 falantes. O kawaiisu está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación O kawaiisu é membro das linguas númicas meridionais dentro da familia uto-azteca.

Revitalización En 1994, a lingua estaba en grave perigo de extinción, contando con menos de 20 falantes.Leanne Hinton. 1994. Flutes of Fire: Essays on California Indian Languages. Heyday Books.

En 2011, o Proxecto Kawaiisu recibiu o Premio á Preservación Histórica do Gobernador de California polos seus esforzos en documentar a lingua e a cultura Kaiwaiisu, incluíndo "o Manual do Kawaiisu, o ensino da lingua, o Centro de Lingua e Cultura Kawaiisu [e] a exposición Kawaiisu no Museo Tehachapi". Dende 2012, o Centro Cultural da Lingua Kawaiisu ofrece clases para aprender a lingua e conta con DVDs para a aprendizaxe na casa, así como formación para outros grupos que buscan crear programas e materiais de aprendizaxe de idiomas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas númicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América