A lingua tübatulabal é unha lingua da familia uto-azteca, falada tradicionalmente polo pobo tübatulabal no condado de Kern, en California, nos Estados Unidos. Porén a maioría do pobo tübatulabal fala inglés. Orixinalmente, a lingua tiña tres dialectos: bakalanchi, pakanapul e palegawan. Segundo datos de 2007 tiña 5 falantes. O tübatulabal está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
En inglés, o termo tübatulabal refírese tanto ao pobo como á súa lingua. Porén, na súa propia lingua, o termo tübatulabal refírese só ao pobo tübatulabal. A súa orixe non está clara, mais pode estar relacionada co substantivo "piñóns". O termo tübatulabal para a lingua é .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arvidson, Lucy. Alaawich (Our Language): First Book of Words in the Tübatulabal Language of Southern California
Categoría:Linguas uto-aztecas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes