Marie-Annick Bellon, coñecida publicamente como Yannick Bellon, nada en Biarritz (Pireneos Atlánticos) o 6 de maio de 1924 e finada en París o 2 de xuño de 2019, foi unha directora de cine francesa.Morreu a cineasta feminista Yannick Bellon (1924-2019)

Traxectoria Proviña dunha familia de artistas próximos ao movemento surrealista. Era filla da fotógrafa Denise Bellon (coñecida polas súas achegas documentais sobre o surrealismo e as súas reportaxes de viaxes) e sobriña do cineasta e actor Jacques Brunius.

As súas películas abordaron temas polémicos na sociedade: a violación, o cancro, a bisexualidade e alimentaron debates e controversias.

Comeza primeiro a dirixir curtametraxes. A súa segunda longametraxe destaca especialmente: La Femme de Jean (1974) película na que a protagonista tenta reconstruír a súa vida despois do seu divorcio. En L'Amour Violé (1978) con Nathalie Nell, Pierre Arditi e Daniel Auteuil efectúa a autopsia dunha violación e a readaptación posterior. A película tivo dificultades para atopar un produtor mais foi amplamente vista e xerou unha importante polémica. En 1981 estrea L'Amour nu sobre a historia dunha muller con cancro de mama que esconde a súa enfermidade ao home do que está namorada. Tres anos despois, con La Triche, Victor Lanoux encarna o papel dun comisario de policía, pai de familia, que non ten problema en lucir os seus enredos amorosos con mulleres mais, porén, esconde coidadosamente as relacións cos homes.

Vida persoal A súa irmá Loleh Bellon é actriz dramática. Era tamén tía de Jaime Semprún.

Filmografía

Goémons (1947) Colette (1951) Varsovie, quand même... (1954) Un matin comme les autres (1956) Le second souffle (1959) Le bureau des mariages (1962) Quelque part quelqu'un (1972) La femme de Jean (1974) Jamais plus toujours (1976) L'amour violé (1978) L'amour nu (1981) La triche (1984) Les enfants du désordre (1989) L'affût (1992) Le souvenir d'un avenir (2001), con Chris Marker. Película sobre a súa nai, Denise Bellon

Premios e nomeamentos

No ano 1974 gañou a Concha de prata á mellor dirección do Festival Internacional de Cine de Donostia por La femme de Jean.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Exposición no Museo Marco de Vigo

Categoría:Directores de cinema do País Vasco Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en Biarritz Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019