Néstor Ogando Blanco, nado en Arcucelos (Retorta, Laza), é un apicultor e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Estivo emigrado en Barcelona. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Gudiña que obtivo tres concelleiros, pero foi elixido alcalde grazas ao apoio de tres concelleiros do PPdeG, que o votaron para castigar a lista de Centristas de Galicia."El PP apoyó al PSOE en A Gudiña para castigar la «deslealtad» de Centristas, afirma un edil «popular»", La Voz de Galicia, Ourense, 20-6-1991, p. 38. En outubro de 1992 unha moción de censura quitóulle a alcaldía."Con el apoyo de Centristas, el PP arrebata al PSOE la alcaldía de A Gudiña", La Voz de Galicia, 1-11-1992, p. 28. Nas municipais de 1995 foi elixido concelleiro. Foi candidato de novo nas eleccións municipais de 2003, onde foi a segunda forza máis votada. 20 anos máis tarde, nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE,Néstor Ogando vuelve a aspirar a la alcaldía de A Gudiña, que le quitó una moción e gañou as eleccións aínda que sen maioría absoluta.El PSOE gobernará A Gudiña tras dejar al PP como segunda fuerza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Gudiña
Categoría:Alcaldes da Gudiña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Laza