San Covade, (en ) nado en Scillium, actual Tunisia en 269 e finado en Sant Cugat del Vallès en 304, foi un mártir cristián que morreu en Castrum Octavianum, lugar do actual mosteiro de Sant Cugat. É venerado como santo polo catolicismo.

O seu día festivo é o 25 de xullo, mais nalgunhas zonas é celebrado o 27 de xullo para evitar conflito co importante día de Santiago, o patrón de Galicia. O seu nome podería ter orixe no fenicio, co significado "ao que lle gusta andar de brincadeira".Santi, beati e testimoni - Dizionario dei nomi

Traxectoria Segundo a tradición, entre lendas fiables e piadosas, naceu no norte de África, na cidade de Scillium preto de Cartago, onde historicamente houbo antes do século IV unha gran vitalidade cristiá. Outras hipóteses citan Cillium, na actual Tunisia como lugar de orixe.

Contra finais do século III viaxou a Hispania en compaña de San Fiz, amigo, irmán ou familiar seu, o cal se aveciñou en Xirona, onde tamén sufriu martirio.

Covade foi perseguido polo gobernador romano en tempos de Diocleciano por mor da súa fe, e sufriu toda clase de tormentos, mais conseguiu soportalos todos. Foi feito prisioneiro preto de Barcelona a oito millas romanas de camiño de Barcino a Egara (Terrasa). Finalmente foi degolado no ano 304.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arqueta de Sant Cugat

Categoría:Nados en 269 Categoría:Finados en 304 Categoría:Santos do catolicismo