Rifa (en ) é unha serie de televisión estadounidense de 2023 creada polo director coreano Lee Sung Jin para Netflix. Está protagonizado por Steven Yeun e Ali Wong nos papeis de Danny Cho e Amy Lau, dúas persoas que se fan a vida imposible a unha á outra logo dun incidente na estrada. O resto do elenco está composto por Joseph Lee, Young Mazino, David Choe e Patti Yasutake.
A primeira tempada estreouse en Netflix o 6 de abril de 2023, onde conta con opción de subtitulado en galego. Conseguiu a aclamación da crítica, que eloxiou as interpretacións de Yeun e Wong, así como o guión e a dirección.
Personaxes Steven Yeun como Danny Cho Ali Wong como Amy Lau Joseph Lee como George Nakai Young Mazino como Paul Cho David Choe como Isaac Cho Patti Yasutake como Fumi Nakai
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega