miniatura|250px|Mapa xeolóxico de Ucraína. O rift de Pripyat-Dniéper-Donets ou rift de Dniéper-Donets (tamén denominado "paleorrift" e "aulacóxeno") é un rift que discorre de leste a oeste no cartón sármata que se desenvolveu e estivo máis activo no Paleozoico. O rift esténdese desde a depresión do Caspio en Rusia ao norte de Ucraína pasando pola rexión do Donbás. O rift separa o macizo de Voronezh no norte do escudo ucraíno no sur.

O paleorrift de Dniépr-Donets foi un lugar de actividade magmática no Devoniano que empezou ao final do Frasniano e culminou no Famenniano causada por unha pluma do manto. A tectónica extensional foi tamén moi activa durante o Famenniano.

Suxeriuse que o paleorrift de Dniéper-Donets está relacionado coa provincia alcalina de Kola contemporánea.

Notas

Categoría:Xeoloxía Categoría:Paleozoico