Asdrúbal Álvarez Galindo, nado en Carcaixent o 19 de febreiro de 1891, foi un empresario e sindicalista español.

Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor. Militante anarquista, xunto co seu irmán Aníbal formaron parte de organizacións terroristas que realizaron atentados contra a patronal e as autoridades en Barcelona no período 1919-1923.Diccionari biogràfic del moviment obrer als països catalans, p. 87. Exportador de peixe do porto da Coruña durante a República. Foi alicerce do Sindicato de la Industria del Transportes. Membro da sociedade patronal de Exportadores de peixe da que foi elixido vicepresidente en 1929.El Pueblo Gallego, 7-3-1929, p. 10.. Foi presidente do Ateneo Popular Coruñés e militou en Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. Xunto con Maximino Zás mercaron unha pequena embarcación de servizo de porto e organizaron a fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Embarcou en Santander rumbo a Francia o 25 de febreiro de 1937. Volveu de Francia para loitar pola República. Exiliouse en México.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico

Vida persoal Casou con Carmen Colom Sentis.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de España Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Nados en 1891