Marta Landín Liste, nada en Melide o 12 de febreiro de 1973, é unha xornalista e presentadora galega. Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e doutorouse en Relacións Internacionais pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Foi bolseira en Antena 3 Radio, TVE, TVG, Axencia Galega de Noticias e colaboradora do programa Gente de TVE. En 1997 incorporouse á Radio Galega como correspondente en Madrid.

No 1998 pasou á TVG, onde exerceu como redactora até 2004, cando a nomearon delegada da cadea en Madrid. En xaneiro de 2007 pasou a Telemadrid para copresentar Telenoticias 1 (TN1) ás 7h00 con Álvaro de los Santos. Desde entón traballa en Telemadrid, primeiro como redactora dos informativos de fin de semana e despois como presentadora de informativos. En setembro de 2007 comezou a presentador Telenoticias Fin de semana con Vicente Gil Lázaro.

Entre maio de 2008 e xullo de 2010 presentou Madrid directo en substitución de Inmaculada Galván, que deixaba entón o veterano magacín de Telemadrid despois de quince anos para fichar por TVE.

En setembro de 2010 reincorporouse como reporteira de Telenoticias 2 en Telemadrid e no outono de 2014 presentou a sección Tú y Madrid dos informativos de fin de semana e desde abril de 2016 no programa Madrid Contigo dirixido e presentado por Inmaculada Galván.

En 2013 colaborou no semanario dixital Sierra Norte Digital.

Entre setembro de 2017 e setembro de 2018 presentou Buenos días, Madrid con Santi Acosta e Cristina Ortega, baixo dirección do propio Santi Acosta. Desde setembro de 2018 é redactora da área de Nacional de Telenoticias.

Premios Gañadora do Premio Solidario ONCE da Comunidade de Madrid 2017, na categoría de Programa.

Notas

Categoría:Presentadores de televisión de España Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes