Heraldo de Vivero é unha publicación periódica que se edita en Viveiro dende 1912.

Historia e características O seu primeiro número apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández Temprano e despois Antonio Vale, continuou Francisco García ata 1923, cando Benigno López lle traspasou a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e imprentar o periódico. A finais dos anos vinte foi director Salvador Pérez-Labarta Pillado. Por mor da Guerra Civil española tivo que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de 1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da Lei Fraga obrigou a pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido por Xosé Trapero Pardo volveu á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor e director durante décadas.

Véxase tamén Ligazóns externas

Mandiá, Diana (28/2/2012), "El semanario local más veterano cumple un siglo" El País .

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas Heraldo de Vivero cumple un siglo de vida número especial do periódico do 17 de febreiro de 2012.

Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1912 en Galicia