Vipsania Agripina, nada no ano 36 a. C. e finada no ano 20, foi unha nobre romana, filla de Marco Vipsanio Agripa e da súa primeira esposa, Cecilia Ática.

Traxectoria No ano 20 a. C. converteuse na primeira esposa de Tiberio,Syme (1987), p. 314. quen posteriormente sería o sucesor do emperador Augusto. No ano 13 a. C. tivo un fillo do seu marido, chamado Tiberio Druso Claudio, aínda que sempre foi máis coñecido como Druso o Novo (Drusus Minor) para distinguilo de seu tío paterno, Nero Claudio Druso, coñecido como Druso o Vello, irmán máis novo de Tiberio. Mais ao pouco deste nacemento, o emperador Augusto instou a Tiberio a divorciarse de Vipsania a pesar do amor que este lle profesaba. Tiberio tivo que casar coa filla do emperador, Xulia a Maior, quen enviuvara por segunda vez, agora de Marco Vipsanio Agripa. Vipsania rara vez se volvería a cruzar con Tiberio.

No ano 11 a. C., Vipsania volvería a casar, deste vez, con Gaio Asinio Galo,Tácito, Anais 1.12 un locuaz senador que sempre se opuxo ás directrices que posteriormente marcaron o emperador Tiberio e o seu secuaz Sexano. Vipsania deulle seis fillos até a súa morte, no ano 20.Smith (1876), p. 1263

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en -36 Categoría:Finados en 20 Categoría:Nobres romanos Categoría:Gens Vipsania