Starship Troopers é un filme estadounidense de 1997 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por Edward Neumeier. Baséase na novela homónima de 1959 de Robert A. Heinlein. A historia está ambientada no século XXIII e céntrase no adolescente Johnny Rico e os seus amigos que se unen ao exército da Federación Cidadá Unida, un goberno mundial da Terra que inicia unha guerra interestelar contra unha especie alieníxena de arácnidos. Está protagoonizado por Casper Van Dien, Dina Meyer, Denise Richards, Jake Busey, Neil Patrick Harris, Patrick Muldoon e Michael Ironside.

Logo da súa estrea, Starship Troopers foi reconsiderada na súa crítica, e é considerado un filme de culto e unha sátira preditiva do fascismo e do goberno autoritario que medrou en relevancia. O filme axudou a crear unha franquía cinematográfica con catro secuelas, Starship Troopers 2: Hero of the Federation (2004), Starship Troopers 3: Marauder (2008), Starship Troopers: Invasion (2012), and Starship Troopers: Traitor of Mars (2017), así como unha serie de televisión animada Roughnecks: Starship Troopers Chronicles (1999), videoxogos, banda deseñada e produtor de mercadotecnia.

Personaxes Casper Van Dien como Johnny Rico Dina Meyer como Dizzy Flores Denise Richards como Carmen Ibanez Jake Busey como Ace Levy Neil Patrick Harris como Carl Jenkins Clancy Brown como Sarxento Zim Seth Gilliam como Sugar Watkins Patrick Muldoon como Zander Barcalow Michael Ironside como Jean Rasczak

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Paul Verhoeven Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes ambientados en Buenos Aires Categoría:Filmes con banda sonora de Basil Poledouris Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes de adolescentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América