Ansi-seong (en ) é un filme surcoreano de 2018 dirixido por Kim Kwang-sik. Está protagonizado por Zo In-sung, Nam Joo-hyuk e Park Sung-woong. Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 19 de setembro de 2018. Xa que o filme trata dunha batalla histórica coreana, o director tivo que investigar para obter máis información sobre o evento real. O director tamén se centrou na selección de actores polo xeral novos para filmar as escenas, xa que constaba de moitas escenas de acción. Aínda que parte da audiencia recibiu ben o filme, algúns criticárono por mor da súa falta de precisión histórica. Porén, foi considerado exitoso por superar os 41,5 millóns de dólares de recadación en 5,4 millóns de entradas.
Personaxes
Zo In-sung como Yang Manchun Nam Joo-hyuk como Sa-mul Park Sung-woong como Li Shimin Bae Seong-woo como Choo Soo-ji Uhm Tae-goo como Pa-so Kim Seol-hyun como Baek-ha Oh Dae-hwan como Hwal-bo Park Byung-eun como Poong Jung Eun-chae como Si-mi Yu Oh-seong como Yeon Gaesomun Sung Dong-il como Woo-dae Jang Gwang Yeo Hoe-hyun como Ma-ro
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes de Next Entertainment World