Casto Martínez Parada, nado en Trascastro (O Incio) o 24 de xuño de 1883 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 28 de xullo de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Foi traballar aos Altos Hornos no País Vasco. Delatado polo seu compromiso coa República, tivo que escapar e pediu asilo en Francia. Foi un dos 927 españois aos que os alemáns meteron nun convoi en Angoulême o 20 de agosto de 1940 coa súa muller Genoveva Maza Ruiz e as súas fillas con destino a Mauthausen.

Casto foi asasinado o 28 de xullo de 1941 no subcampo de Gusen, nun lugar coñecido como "a bañeira", onde a xente morría por conxelación. A muller e as fillas foron devoltas a Angoulême.

Stolperstein O 1 de febreiro de 2026, colocouse un Stolpertein na súa honra na fachada principal da casa do concello do Incio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de galegos asasinados en Mauthausen Ligazóns externas

Vítimas luguesas de Mauthausen

Categoría:Nados no Incio

Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos do País Vasco