O voo 820 de Varig era un servizo da aeroliña brasileira Varig que engalou do aeroporto internacional do Río de Xaneiro-Galeão, no Brasil, o 11 de xullo de 1973 en ruta cara ao aeroporto de Orly, en París. O avión, un Boeing 707 con rexistro PP-VJZ, tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia en campos de cebolas a uns cinco quilómetros do aeroporto de Orly debido a fume na cabina causado por un incendio nun baño. O lume causou 123 mortes e só houbo 11 superviventes (10 tripulantes e 1 pasaxeiro). O capitán de relevo Antonio Fuzimoto foi o piloto que manexou os mandos e fixo aterrar o avión no campo.
Notas
Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1973 Categoría:Accidentes e incidentes de Varig Categoría:Accidentes aéreos en Francia Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 707