Samuel Expósito Polo, nado en Sierra de Fuentes (Cáceres) o 7 de agosto de 2004, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Diocesano de Cáceres, antes de ingresar en 2019 nas categorías inferiores do Real Madrid. Na tempada 2022/23 xogou cedido no equipo xuvenil do Cádiz, na División de Honra, e debutou co filial gaditano na Segunda División RFEF. Comezou a campaña 2023/24 co Real Madrid C na Terceira División RFEF, pero en xaneiro de 2024 saíu cedido de novo, desta vez ao Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda