A Forza Aérea de Kenya é a rama do servizo nacional de guerra aérea da República de Kenya.

A base aérea principal onde operan os cazas é a base aérea de Laikipia en Nanyuki, mentres que o cuarter xeral atópase na base aérea de Moi en Eastleigh, Nairobi. Outras bases son a Base Operativa Avanzada (FOB) de Mombasa (aeroporto internacional de Moi), FOB Mandera, FOB Wajir e FOB Nyeri (principalmente para helicópteros e avións pequenos).

A Forza Aérea de Kenya voa 23 cazas F-5E/F Tiger II, 11 adestradores Tucano, e nove de adestradores básicos G120A. Tamén ten pequenas cantidades doutros modelos de aeronaves coo helicópteros Puma e Mi-17. Entre as últimas adquisicións hai avión de ataque lixeiros AT-802L e adestradores AT-504, baseados os dous en avións agrícolas, helicópteros H125 Écureuil e AS550C3 Fennec, ou transportes C-27J Spartan.

Notas

Kenya Categoría:Kenya