Murfreesboro é unha cidade e sede do condado de Rutherford, Tennessee, nos Estados Unidos de América. A poboación era de 152 769 habitantes segundo o censo de 2020, fronte aos 108 755 residentes certificados en 2010. Murfreesboro está situado na área metropolitana de Nashville, a 55 quilómetros ao sueste do centro de Nashville.
Historia Serviu como capital do estado de 1818 a 1826. Hoxe é o meirande suburbio de Nashville e a sexta cidade máis grande de Tennessee. A cidade é o centro de poboación e o centro xeográfico de Tennessee.
Demografía Desde a década de 1990, Murfreesboro foi a cidade de Tennessee cun crecemento de poboación máis rápido, e tamén de todo o país.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cidades dos Estados Unidos de América por poboación
Categoría:Cidades de Tennessee