Rogelio González González, nado en Curtis en 1915 e finado na Coruña o 31 de xullo de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Irmán de José e María González González. Afiliado ao Sindicato de Camareros da CNT da Coruña e membro das Juventudes Libertarias. Exerceu como apoderado da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na tentativa libertaria de levantar os cuarteis das Atochas en outubro de 1936, e despois estivo refuxiado co seu irmán José no barrio das Atochas. Resultou ferido nas detencións de militantes confederais de xullo de 1937. Foi detido e despois paseado con Santiago Sanjurjo López na estrada de circunvalación á altura da Prisión Provincial da Coruña o 31 de xullo de 1937.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Curtis Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936