A UDP-galactosa ou uridín difosfato galactosa é un nucleótido azucre que intervén no metabolismo dos azucres. É importante no metabolismo dos nucleótidos azucres, e é o substrato do encima transferase B4GALT5.

Metabolismo dos azucres

A UDP-galactosa é especialmente importante na glicólise. Deriva da galactosa, un epímero da glicosa, e por medio da vía de Leloir, adoita usarse como precursor na metabolización da glicosa a piruvato. Cando se hidroliza a lactosa, a D-galactosa entra no fígado desde o torrente sanguíneo. Alí, a galactoquinase fosforílaa a galactosa 1-fosfato utilizando ATP. Este composto despois realiza unha reacción "pimpón" coa UDP-glicosa, catalizada pola uridililtransferase, rendendo glicosa 1-fosfato e UDP-galactosa. Esta glicosa 1-fosfato entra na glicólise, mentres que a UDP-galactosa sofre epimerización para rexenerar a UDP-glicosa. A deficiencia do encima galactosa-1-fosfato uridililtransferase, que é o responsable de metabolizar a galactosa 1-fosfato a UDP-galactosa, causa a galactosemia clásica.

miniatura|Transformación da galactosa (1) en glicosa para a glicólise. No esquema: galactosa 1-fosfato (2), UDP-glicosa (3), UDP-galactosa (4) ; glicosa 1-fosfato (5); glicosa 6-fosfato (6). Encimas: galactoquinase (GK), galactosa 1-fosfato uridililtransferase (GALT), UDP-glicosa 4-epimerase (UGE), fosfoglicomutase (PGM)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galactosa UDP galactosa epimerase Uridín difosfato

Categoría:Coencimas Categoría:Nucleótidos Categoría:Carbohidratos