María Sanjurjo Riquelme, nada na Coruña o 1 de agosto de 2000, é unha xogadora de hóckey a patíns galega.
Traxectoria Formouse como xogadora de hóckey a patíns na canteira do Dominicos, antes de recalar no Liceo, co que debutou na OK Liga aos 17 anos. No verán de 2018 fichou polo Telecable Hockey Club, co que competiu durante tres tempadas, gañando unha Copa da Raíña (2019) e acadando unha final da da Copa Intercontinental. En xuño de 2021 regresou ao Liceo coruñés, no que xogou durante os seguintes dous anos, antes de asinar como nova xogadora do Club Patí Fraga. Co club catalán gañou a Liga de Campións nas tempada 2023/24 e 2025/26.
Selección española Internacional coa selección española desde 2019, conquistou con esta dous Campionatos do Mundo (2019 e 2024). En 2023 foi convocada para o Campionato de Europa, pero non puido disputar o torneo ao romper o ligamento anterior do xeonllo dereito. Si puido participar dous anos despois, conquistando o título tras derrotar na final á selección portuguesa.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia