The Shirelles foi un grupo de rapazas estadounidense formado en Passaic, Nova Jersey en 1957. Foi célebre polas súas cancións de estilo doo wop e rhythm and blues, e lograron popularidade a principios da década de 1960. O grupo estaba formado polas compañeiras de clase Shirley Owens (Shirley Alston Reeves), Doris Coley (Doris Kenner-Jackson), Addie "Micki" Harris (Addie Harris McFadden) e Beverly Lee.

Creado para un concurso de talentos escolares, as vocalistas formaron un cuarteto que se converteu, xunto a Martha and the Vandellas, no primeiro girl group realmente popular. The Shirelles asinaron un contrato con Tiara Records e o seu primeiro sinxelo, "I Met Him on a Sunday", foi licenciado por Decca Records en 1958. Despois dun breve período sen éxito con Decca, achegáronse a Florence Greenberg e a súa compañía acabada de formar, Sceptre Records. Traballando con Luther Dixon, o grupo saltou á fama con "Tonight's the Night". Durante este período de colaboración con Dixon e a promoción de Sceptre, The Shirelles tiveron sete éxitos no top vinte. O grupo abandonou Sceptre en 1966 e continuó activo até 1982.

A banda gañou en popularidade, sobre todo grazas a unhas composicións apegadizas, ao efecto da publicidade, a un estilo xuvenil fresco e á inocencia que as arrodeaba. Describíronse The Shirelles como un grupo cun "son de colexiala inxenua" que contrasta cos temas sexuais de moitas das súas cancións. Varios dos seus éxitos empegaban cordas e música de estilo baião. Os seus maiores éxitos foron "I Met Him on a Sunday", "Will You Still Love Me Tomorrow", "Mama Said", "Soldier Boy" e "Foolish Little Girl". Atribúeselles o lanzamento do xénero de grupo de rapazas, e gran parte da súa música reflicte a esencia do xénero. Observouse que a súa aceptación por parte do público tanto branco coma negro, anterior á Motown, reflicte o éxito inicial do Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.

En 1996 o grupo foi incluído no Salón da Fama do Rock and Roll. A revista Rolling Stone situouno no posto 76 da listaxe dos 100 mellores artistas de todos os tempos. En 2002 foron incorporadas ao Salón da Fama dos Grupos Vocais.

Integrantes Doris Coley Addie Harris Beverley Lee Shirley Owens

Discografía Tonight's the Night (1961) A Shirelles & King Curtis Give a Twist Party (1962) Baby It's You (1962) Give a Twist Party (1962) The Shirelles Sing to Trumpets & Strings (1963) Foolish Little Girl (1963) The Shirelles Sing the Golden Oldies (1964) Orig. Motor Town Revue (en vivo) (1964) Spontaneous Combustion (1967) Remember When (1969) Eternally Soul (1970) Happy in Love (1971) It's a Mad, Mad, Mad, Mad, World (1972) The Shirelles (1972) Let's Give Each (1976)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial 'The Shirelles' Vocal Group Hall of Fame Page History-of-Rock article Clark Center Saturday, February 6, 2010 at 8pm

Categoría:Grupos musicais de soul Categoría:Grupos musicais de rhythm and blues‎ Categoría:Bandas de mulleres‎ Categoría:Grupos musicais formados en 1957 Categoría:Grupos musicais separados en 1982 Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Artistas de Decca Records‎ Categoría:Artistas de RCA Records‎