Francisco Javier Sar Romero, máis coñecido como Javier Sar, nado en 1968 é un armador e político do partido Independentes por Muxía.

Traxectoria Javier Sar é armador de profesión e foi patrón maior de Muxía entre 2001 e 2009 durante a crise do Prestige. Nas eleccións municipais de 2023, presentouse como cabeza da lista de Independentes por Muxía que conseguiu dous concelleiros.

En outubro de 2024, encabezou a moción de censura que, o 7 de outubro, triunfou co apoio dos 3 concelleiros do PPdeG e a única concelleira do BNG, e lle permitiu acceder á alcaldía arrebatándolla ao PSdeG-PSOE, con 5 concelleiros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Muxía

Categoría:Alcaldes de Muxía Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes