A lingua piscataway é unha lingua algonquina morta falada outrora polo pobo piscataway, un cacicado dominante no sur de Maryland e na costa oeste da baía de Chesapeake no momento do contacto cos colonos europeos.Raymond G. Gordon Jr., ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics. O piscataway, tamén coñecida como conoy (do etnónimo iroqués para a tribo), considérase un dialecto da lingua nanticoke. Esta designación baséase na escasa evidencia dispoñible para a lingua piscataway. Tamén se cre que a tribo doeg, situada no actual norte de Virxinia, falaba unha variedade da mesma lingua. Estes dialectos eran intermedios entre a lingua indíxena americana lenape falada ao norte desta área (nos actuais Delaware, Nova Jersey, Maryland, Pensilvania, Nova York e Connecticut) e a lingua powhatan, antigamente falada ao sur, no que hoxe é Tidewater Virginia.
miniatura|dereita|150px|Catecismo católico escrito en piscataway, latín e inglés polo misioneiro Andrew White, SJ, ca. 1634–1640. Biblioteca Lauinger, Universidade de Georgetown."Manuscript prayers in Piscataway ." Treasures of Lauinger Library. (consultado o 4 de xaneiro de 2010)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mackie, Lisa (2006). Fragments of Piscataway: A Preliminary Description. A section of a catechism, probably in the Piscataway language, escrito por Andrew White, S.J.
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América