Manuel Porto Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) cara a 1899 e finado na Coruña o 12 de agosto de 1968, foi un funcionario, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Porto Rey. Colaborou en A Nosa Terra, Galicia Nueva e La Voz de la Verdad. Funcionario interino do Concello de Vilagarcía de Arousa, en maio de 1931 participou na constitución da Agrupación nacionalista de Vilagarcía de Arousa que presidiu Xosé Núñez Búa,La Voz de Galicia, 20-5-1931, p. 8. en 1932 foi elixido secretario do Partido Republicano Gallego de Vilagarcía de Arousa,El Pueblo Gallego, 4-9-1932, p. 9. e volveu ser elixido secretario en xaneiro de 1933.El Pueblo Gallego, 8-1-1933, p. 9. Aprobou os exames de secretario de xulgado municipal en maio de 1935,El Pueblo Gallego, 16-5-1935, p. 12. e foi nomeado secretario do xulgado municipal de Santibáñez de la Peña (Palencia) en novembro dese ano.El Pueblo Gallego, 5-11-1935, p. 11. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado polos franquistas pola súa militancia galeguista. Logo da guerra civil estivo destinado en Cerceda e colaborou en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Finou na Coruña o 12 de agosto de 1968 con 69 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-8-1968, p. 22.
Vida persoal Casou con Camila Sánchez García nos anos vinte, e foi pai de Aida Porto Sánchez, que finou en Cerdeda en novembro de 1948 con 20 anos.El Ideal Gallego, 19-11-1948, p. 5.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Os taxis da familia
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1968