The Golden Palominos foron unha banda de rock experimental con sede na illa de Manhattan dirixida polo compositor e percusionista de Cleveland Anton Fier e os integrantes permanentes Nicky Skopelitis (guitarra) e Bill Laswell (baixo). Baixo o concepto de Superbanda, agás o pivote dos tres músicos centrais, diferentes músicos formaron parte do proxecto de xeito temporal para dar paso aos seguintes, chegando a sumarse compoñentes de outras bandas recoñecidas como Cream, R.E.M., DNA, the Sex Pistols ou Parliament-Funkadelic..

Discos Activos desde 1981 ata o ano 2011 (con baixa actividade desde finais dos 90) publicaron nove álbums de estudo, entre eles Dead Inside, unha colaboración única coa poeta e feminista Nicole Blackman. Desde entón ela non volveu a colaborar en proxectos musicais.

The Golden Palominos (1983) Visions of Excess (1985) Blast of Silence (Axed My Baby for a Nickel) (1986) A Dead Horse (1989) Drunk with Passion (1991) This Is How It Feels (The Golden Palominos) (1993) Pure (1994) Dead Inside (1996) A Good Country Mile (2011).

Membros Bill Laswell Nicky Skopelitis Amanda Kramer John Zorn Fred Frith Lori Carson Knox Chandler Arto Lindsay Jody Harris Syd Straw Peter Blegvad Lydia Kavanagh Nicole Blackman Andy Hess Tony Scherr David Moss Michael Stipe

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A canción Clean Plate dos Golden Palominos, en youtube, ano 1983

Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1981