My Sweet Land (en ) é un filme documental de 2024 escrito, coproducido, editado e dirixido por Sareen Hairabedian. Conta a historia de Vrej, un rapaz armenio de 11 anos que vive en Nagorno-Karabakh, e cuxa vida dá un xiro repentino cando estala a guerra e se ve obrigado a fuxir.
Estreouse internacionalmente no Sheffield DocFest o 13 de xuño de 2024. Foi escollido como candidato de Xordania para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais posteriormente foi retirado por presións diplomáticas de Azerbaidján.
Sinopse Vrej, de 11 anos, vive en Nagorno-Karabakh, e a súa vida dá un xiro repentino cando estala a guerra e se ve obrigado a fuxir. Máis tarde regresa, mais aprender os camiños da guerra para defender a súa terra natal.
Produción En 2018, Sareen Hairabedian coñeceu a Vrej en Nagorno-Karabakh, durante unha viaxe de investigación, para coñecer os fillos de parellas que casaron en masa en 2008 co fin de poboar a comarca. Hairabedian quixo contar a historia a través dos ollos dun neno para centrarse nos aspectos humanitarios e humanos.
Acollida Proposta aos Óscar En setembro de 2024, Xordania escolleu o filme como o seu candidato ao Óscar ó mellor filme internacional. En novembro de 2024, Xordania retirou o filme por mor das presións diplomáticas de Azerbaidján. Ademais, o filme foi prohibido en Xordania.
Hairabedian respondeu afirmando: "É un filme que documentou un lugar e unha vida que xa non existen. O cinema e a arte documental son as ferramentas máis importantes e eficaces para seguir contando a verdade silenciada".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Xordania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua armenia Categoría:Filmes de Xordania Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes sobre xenocidio Categoría:Filmes sobre a guerra de Nagorno-Karabakh