Rafael Coronel Ortiz, nado en Guntín o 25 de outubro de 1838 e finado en Madrid o 16 de decembro de 1873, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de María Ortiz de Dusana, casada en segundas nupcias con Manuel Becerra Bermúdez. Fundou o semanario El Porvenir en 1856 e colaborou nos xornais El Látigo, La Democracia, La Discursión, El Pueblo e El Programa. Doutorouse en Dereito en Madrid en 1862. Pertenceu ao partido demócrata e en 1863 marchou a Francia perseguido por conspirar contra Isabel II. Regresou a Madrid en 1868 e foi membro da xunta revolucionaria do distrito centro. Foi oficial terceiro do Ministerio de Gobernación. No Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1869,BOP Lugo, 2-2-1869, p. 1. e volveu ser elixido deputado polo distrito de Viveiro nas eleccións de agosto de 1872. Renunciou como oficial da administración en outubro de 1872.El Eco de Galicia, 3-10-1872, p. 4. Foi detido co seu padrasto Manuel Becerra Bermúdez en abril de 1873.El Eco de Galicia, 29-4-1873, p. 2. Finou en Madrid o 16 de decembro de 1873.La Correspondencia de España, 16-12-1873, p. 2, 3.

Obras Breves nociones de la historia de España, 1862.

Constituciones vigentes de los principales estados de Europa y América, 1865 (con Hilario Abad de Aparicio). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. . ISBN 84-87987-25-7.

Ligazóns externas Retratos de Rafael Coronel y Ortiz

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Guntín

Categoría:Nados en 1838

Categoría:Finados en 1873