A tempada 1913/14 foi a oitava tempada de existencia do Deportivo da Coruña. Caracterizouse pola escasa actividade do club, o que provocou que en 1914 os xogadores concertasen pola súa conta dous partidos contra o Real Club Coruña, rival ante o que levaban máis dun ano e medio sen enfrontarse. Tras ser desautorizados pola directiva, os xogadores abandonaron o club e fundaron o Deportivo Auténtico, que funcionou durante os seguintes catro anos.
Resumo da tempada Os primeiros partidos da tempada disputáronse en xaneiro de 1914 fronte a equipos ferroláns. Primeiro o Deportivo derrotou en dúas ocasións á Unión Deportiva de Ferrol, antes de caer por 1-2 ante o British FC, formado na súa maioría por xogadores ingleses. En febreiro, o club coruñés caeu goleado en Riazor por 2-6 diante dun equipo formado por oficiais do buque inglés Achilles fondeado en Ferrol, un partido ao que os ingleses foran invitados por mediación do cónsul británico en Ferrol, Emilio Antón Iboleón, socio de honra do Deportivo. Ambos equipos volveron xogar uns días despois, volvendo gañar os ingleses, desta vez por 0-2. En abril, o equipo enfrontouse en dúas ocasións ao Ferrol Fútbol Club, que se acababa de fundar na cidade veciña, gañando tanto no campo da Graña como en Riazor.
Despois de máis de ano e medio sen partidos contra o seu máximo rival, o Real Club Coruña, e de máis de catro meses sen ningún partido, os xogadores do Deportivo, descontentos coa situación, pactaron un par de partidos amigables contra o Coruña, sendo desautorizados pola directiva presidida por Rogelio Fernández Conde. Os xogadores fixeron caso omiso e o 30 de agosto disputaron no campo de Monelos o primeiro dos encontros, resultando vencedor o Real Club Coruña por 2-0, con goles de Parra e Caruncho. Unha semana despois xogouse o segundo partido, tamén con vitoria coruñesistas, por 4-0.
Cara a finais de outubro de 1914, os xogadores do Deportivo da Coruña constituíronse como un novo club, co nome de Deportivo FC Auténtico, e con Carlos González de Ancos como o seu primeiro presidente. O club orixinal quedou así sen futbolistas e mantívose inactivo durante os seguintes catro anos, ata que en 1918 se produciu a reunificación de ambas partes.
Persoal Xogadores +PosNacNomePORCharryDEFAncosDEFManuel FernándezDEFReyMEDCatoiraMEDCabreraMEDSerapioMEDDorrioDIAParraDIARamón PortelaDIAAngelitoDIAYarzaDIAFitoDIAFélix de CastroDIAMellaDIAChucho Xunta directiva +CargoNomePresidente José Longueira DíazVicepresidente 1º Pedro García SeijasVicepresidente 2º Ángel LageSecretario Julio López RoelVicesecretario 1º Juan Castro SantiagoVicesecretario 2º José Aznar PonteTesoureiro Eugenio CharryContador Manuel VegaVogais José Illán Julio Wonenburger Saturnino Escudero Salvador Fojón Partidos
Amigables
Notas
1913 Categoría:Fútbol en 1913 Categoría:Fútbol en 1914