Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, ou de xeito abreviado, Atlántida de Matamá, é un club de fútbol da parroquia viguesa de Matamá. Foi fundado en 1963. En 2024 ascendeu, por vez primeira na súa historia, á categoría de Preferente Galicia. En 2013, a entiedade foi nomeada como "Vigués Distinguido". O seu campo é o Penedo do Moo, en Matamá, onde xoga os seus partidos coma local. Esta denominación provén do penedo que existe detrás dunha das porterías. Historia As orixes da SCD Atlántida de Matamá remóntanse ao ano 1915, cando xa se documentan partidos de fútbol na praza de San Mauro, en Matamá. Após de xogar en varios equipos de afeccionados, fórmase a Sociedad Deportiva y Recreativa Atlántida de Matamá, o que sería a precursora do club actual.

As primeiras cores do uniforme foron a camisola a raias verticais de seis centímetros de ancho en cores vermello e negro, pantalóns brancos con raias verticais negras finas dun centímetro de ancho e medias de cor escura.

Existen rexistro de partidos amigábeis disputados fronte ao Comesaña Sporting Club, San Pelayo de Navia, Arenas de Alcabre, Anduriña das Carneiras, Estrela de Santo Tomé de Freixeiro e o Deportivo Coia.

A sociedade actual foi fundada en 1963 de xeito oficial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rácing de Castrelos Ligazóns externas Atlántida Matamá en AFAVI.

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo